Escritura · Reflexión
MUNDO FEROZ
Gallego
¡Mundo feroz, dime por que berras!
¿Sempre fuches así?
¿Cando descansas?
¿En que momento escoitas?
¿Acaso non me ves?
Estou aquí…
Aquí, mírame.
Si… iso, son eu, a que che fala…
A que se agocha entre montañas e néboa.
A que viste de verde case sempre.
Esa que chora cando arde.
A que acolle a todos con agarimo.
A que ve o sol ata as once nas noites de verán e, aínda así, monta a verbena á súa hora.
Esa que canta e baila ao son das gaitas.
Esa que camiña desde lonxe ata Santiago.
¿Lémbraste de min?
Xa… xa o sei… Estás moi ocupado.
Apenas tes tempo para nada nin para ninguén.
Só quería dicirche que sigo viva. Que as miñas xentes me coidan moito e que ata os que están lonxe se acordan de min.
¿Que? ¿Xa sabes quen son?
Dareiche unha pista…
«Fálame con agarimo».
Siiii. Esa, esa son eu.
Estaba case segura de que te lembrarías de min.
Claro, o meu nome é Galiza.
Alégrame que, a pesar de tanto barullo, me escoitases un momento.
Non… Non fai falla que pares por min. Ti segue…
Xa sei que andas moi ocupado.
Só quería saber se aínda podías verme e escoitarme.
Segue, non te entreteño máis…
Unha cousiña soamente, e non che roubo máis tempo.
Ti ao teu… Xa sei que pedirche que pares estaría de máis.
Pero mírame de cando en vez.
E aínda que avances a pasos de xigante, imparable…
¡non sexas feroz!
Castellano
¡Feroz mundo, dime por qué gritas!
¿Siempre has sido así?
¿Cuándo descansas?
¿En qué momento escuchas?
¿Acaso no me ves?
Estoy aquí…
Aquí, mírame.
Sí… eso, soy yo, la que te habla…
La que se oculta entre montañas y niebla.
La que viste de verde casi siempre.
Esa que llora cuando se quema.
La que acoge a todos con cariño.
La que ve el sol hasta las once en las noches de verano y, aun así, se monta la verbena a su hora.
Esa que canta y baila al son de las gaitas.
Esa que camina desde lejos hasta Santiago.
¿Me recuerdas?
Ya… ya lo sé… Estás muy ocupado.
Apenas tienes tiempo para nada ni para nadie.
Solamente quería decirte que sigo viva. Que mis gentes me cuidan mucho y que hasta los que están lejos se acuerdan de mí.
¿Qué? ¿Sabes ya quién soy?
Te daré una pista…
«Fálame con agarimo».
Siiii. Esa, esa soy yo.
Estaba casi segura de que me recordarías.
Claro, mi nombre es Galicia.
Me alegro de que, a pesar de tanto ruido, me hayas escuchado un momento.
No… No hace falta que te pares por mí. Tú sigue…
Sé perfectamente que estás demasiado ocupado.
Solamente quería saber si todavía podías verme y escucharme.
Sigue, no te entretengo más…
Solamente una cosa más, y te prometo que es la última.
No necesitas pararte… Ya veo que sería pedir demasiado.
Pero mírame de cuando en vez.
Y aunque avances a pasos gigantes e imparables…
¡no seas feroz!